martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA 7

 Hoxe comezamos novo més, FEBREIRO, e como sempre empezámolo coa canción dos meses do ano.






Para o mes novo precisamos un calendario novo. No rectángulo de arriba escribimos FEBREIRO, e na nube, o ano 2022.
Cada día ímos escribindo o número que toca e rodeandoo.








Como rematou o mes de xaneiro fixemos reconto na aula do tempo que fixo. 

Contamos 13 días de sol, 0 días de nubes, 1 día de choiva, 0 días de tormenta e 0 días de neve.

Neste rexistro escribimos cantos días tivemos de cada tempo, e logo coloreamos as barras correspondentes.






Bo día!!!!

Bicos voadores!!!!

luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA 6

 Bo día a todos.


Hoxe é último día de xaneiro, e tivemos unha mañá soleada.


Para hoxe temos que inventar unha historia. Na historia teñen que aparecer os elementos que me sairon nestes dados: unha balea, un lápiz, choiva, as pegadas dun canció, un coche e alguén enfadado.

Un adulto pode escribir a hisria que inventedes e logo vós facerlle un debuxo.



Boa tarde para todos e todas!!!!
BICOS VOADORES!!!!



venres, 28 de xaneiro de 2022

Día 5

 Bos días peques!!!


Hoxe xa é venres o último día da semana que temos cole!




Para o traballo de hoxe tedes que poñer delantal e gorro de cociñeiras e cociñeiros, si, si, imos facer unha receita. Peeero unha receita de liñas e puntos.




Para que vos quede ben chulo podedes usar rotuladores e pinturas de distintas cores, estará delicioso!


Un conto de inverno tamén para vós.


Moi boa fin de semana!!!!!

Bicos voadores

xoves, 27 de xaneiro de 2022

DÍA 4

 Bos días a todos e a todas!


Hoxe é 27 de xaneiro de 2022, e fai un día soleado en Moraña, menudo mes de xaneiro tan soleado que levamos!



Para poder facer o xogo dos deportistas pacifistas temos que recordar primeiro a historia de Derek Redmond, que nos aprendeu que o importante non é gañar, senón chegar á meta.
Esta historia xa a coñecemos na clase, por iso non imos facer ficha da súa biografía, cando volvades á escola faremos un cartel de Derek que colocaremos nos Xogos pola Paz do próximo luns.


Agora que xa coñecedes estas catro historias é hora de xogar!!!! Pinchade enriba do podium para ir ao xogo feito pola biblioteca do cole.


Tamén vos deixo aquí un bonito conto para que poidades facer a ficha de lectura desta semana, como non puidemos ir á biblioteca cambiar o libro imos velo en vídeo.








E por se algúen ten ganas de traballar un pouco máis, un RETO. Sodes quen de atopar o intruso que NON empeza coa letra P?
Lembrade que para o nome de algúns debuxos vos ten que axudar un adulto, porque no libro "El abecedario travieso" ás veces usan palabros que non coñecemos.


Bo día peques!!!!

Bicos Voadores



mércores, 26 de xaneiro de 2022

DÍA 3

 Moi bo día a todas e todos!


Hoxe é MÉRCORES 26 de Xaneiro de 2022. E tamén fai un día soleado!





Para hoxe temos a investigación de dous ciclistas que demostraron gran compañeirismo alá polo ano 1949.
        


 

Tamén temos para hoxe a descomposición do número 10. Tedes que dividir un cartón ou folla da seguinte maneira, e buscar 10 cousas iguais (garabanzos, boliñas de plasti, tapóns,...)
Colocádelos da seguinte maneira e logo ir buscando diferentes formas de separar as cousiñas, repartimos as 10 cousas e anotamos como o fixemos. 
















Podedes facer o rexistro nesta folla.



E para rematar... un xogo de lóxica. Estade moi atentos ao que vos manda o cociñeiro, porque ás veces dinos que ingrediente NON podemos usar...


BICOS VOADORES PEQUES!!!!


martes, 25 de xaneiro de 2022

Día 2

Bos días a todos e a todas!!!

Empezamos un novo día, outro día moi soleado pero moi moi frio!
Hoxe é MARTES 25 de XANEIRO de 2022!

Como estes días no cole estamos a falar moito do día da PAZ que vai ser o 30 deste mes, deixovos unha canción para escoitar, unha canción de apertas.




Imos investigar agora sobre outra deportista que durante a súa traxectoria tamén fixo algo que nos axuda a lograr un mundo mellor, trátase de KTHERINE SWITZER  coa axuda do seu amigo Tom Miller, cando teñamos investigados catro faremos un xogo de preguntas, asique estade moi atentos.

                                                     



E aquí a ficha para completar desta deportista.




Para rematar por hoxe deixovos un circuíto para o noso amigo o monstro de cores. Temos que debuxar un recorrido para que chegue onda a súa amiga a nena do conto, e logo debuxar na fileira de abaixo os pasos que seguistedes.  (Familias, podemos utilizar os termos dereita e esquerda, aínda que eles non os dominen aínda ben, sempre lle vai favorecer o desenvolvemento da linguaxe)





Eu fixen o mesmo coa eiruga.



Que teñades todos e todas un moi bo día!

Bicos voadores!


luns, 24 de xaneiro de 2022

Día 1

 Bo día pequechos e pequechas!!!!


Hoxe é LUNS 24 de XANEIRO de 2022, e fai un día soleado, aínda que moi moi frío. Vistes a xeada ?




Hoxe imos seguir investigando sobre os deportistas que fixeron algún xesto pola paz, ao igual que xa vimos na clase a DEREK REDMOND.

Agora é o turno de...


Despois de que algún maior vos lea a información sobre este deportista debedes completar a seguinte ficha co seu nome e apelidos, o país onde naceu, o deporte que practicaba e facer un debuxo del. Tamén podedes buscar en internet algunha foto e pegala.




Ao longo da semana imos descubrir outros grandes deportistas para facer un xogo con eles, por iso temos que saber moito sobre estas grandes persoas, estade ben atentos á información.




Como vedes hoxe tiven que facer eu o traballo do encargado, e como é día 24 busquei no taboeiro do 100 os amigos do número 24. De quen é amigo o 24?

Podedes escribir os amigos de hoxe nun papel


Ata mañá!!!!!

Bicos voadores!






venres, 26 de febreiro de 2021

QUE BIGOTES ME PASA?

O protagonista desta historia non sabe que lle pasa, bótaslle unha man?

 
🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈

BUSCAMOS A LETRA "A"

HOXE IMOS TRABALLAR A LETRA "A"

 Agora, podes 🔍buscar🔍 pola casa cousas que comecen por esta letra. 

Recorda facerlle unha foto para compartila con nós!

📷📷📷📷📷📷📷📷📷



mércores, 24 de febreiro de 2021

PARABÉNS ROQUE!

Hoxe cumpre 4 anos🎂 o noso compañeiro Roque!!

🎉🎈🎊👏👏👏👏👏👏👏👏👏🎈🎉🎊

Enviámosche unha forte aperta e un bico enorme 😘

Que teñas un bonito día!!🎂


Preme no vídeo!! 🎵🎵🎶🎶