xoves, 30 de abril de 2020

TORRE DE BORJA

O NOSO COMPAÑEIRO BORJA QUERE COMPARTIR CONNOSCO COMO FIXO A SÚA TORRE CON ESTE SIMPÁTICO VÍDEO



😁📹📹📹📹😁
GRAZAS POR COMPARTIR O VÍDEO CON TODOS NÓS.
😍😍

DE MAIOR QUERO SER....

MAÑÁ 1 DE MAIO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DO TRABALLADOR.

POR ISO, GUSTARÍANOS SABER QUE CHE GUSTARÍA SER DE MAIOR.

ASÍ QUE PECHA OS OLLOS 👀 E IMAXÍNATE DENTRO DE MOOOITOS  ANOS.
SE XA O PENSACHES, MANS A OBRA 👊.

EXPERIMENTO FLOR DE PAPEL

E PARA REMATAR O MES DE ABRIL....

COMO DÍ O REFRÁN 

"ABRIL ENCHE DE FLORES O XARDÍN" 

POR ISO, PARA CONVERTER A CASA NUN XARDÍN MIRADE ATENTAMENTE O SEGUINTE VÍDEO...


AGORA POÑEDEVOS MANS A OBRA PARA CONVERTER A VOSA CASA NUN XARDÍN

E PARA OS MÁIS PEQUENOS OU POR SE OS MAIORES NECESITAN AXUDA PORQUE DEBUXAR A FLOR NON É TAN FÁCIL COMO PARECE, DEIXÁMOSVOS UNHA FLOR FEITA QUE PODEDES UTILIZAR, SÓ TEDES QUE IMPRIMILA, RECORTALA E DOBRAR OS PÉTALOS.


ANTES DE FACER O EXPERIMENTO, OS MÁIS MAIORES PODEN ESCRIBIR E DEBUXAR A SÚA HIPÓTESE, É DICIR, RESPONDER A PREGUNTA ¿QUE LLE PASARÁ Á NOSA FLOR?, OS PEQUENOS PODEN FALAR DO QUE PENSAN. 





ANIMÁDEVOS A COMPARTIR CONNOSCO OS VOSOS EXPERIMENTOS, ESTAMOS DESEXANDO VELOS!

😍😍😍😍

DENTRO DE POUCOS DÍAS COMPARTIREMOS CON VÓS O RESULTADO DO NOSO EXPERIMENTO E EXPLICAREMOS PORQUE PASA ISTO.



ATA O MARTES!!!👋👋👋👋


mércores, 29 de abril de 2020

SEGUNDA EDICIÓN DOS CONTACONTOS

TÓCANOS OUTRO TURNO DE CONTACONTOS.

ESCOITADE CON MOITA ATENCIÓN  QUE BEN CONTAN OS SEUS CONTOS  AARÓN, IRIA E ERIC!









CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO📖

A semana pasada celebramos O DÍA DO LIBRO         📕📗📘📙 
Hoxe ides coñecer os contos favoritos dos vosos compañeiros/as. 

MIRADE!!👀


ARTE

PUNTILLISMO EN PAPEL DE COCIÑA


Ola a todos/as!!

Hoxe toca ARTE!!🎨 e ímonos divertir coa técnica do PUNTILLISMO.



Esta técnica, consiste en realizar un debuxo usando puntiños creando formas, combinando cores... Un método no que precisarás poñer moita atención e calma!!





Só precisas:
- Papel de cociña

- Rotuladores de cores


- Opcional: música relaxante 🎵🎶🎵🎶





Esperamos as vosas creacións!!🎨🎨🎨🎨

E xa que tedes o papel de cociña a man, deixámosvos un pequeno experimento para quen se anime a facelo!!

🎨 DEBUXOS MÁXICOS 🎩



ANIMÁDEVOS!!




martes, 28 de abril de 2020

CONTAMOS CONTOS... 📖

HOXE ADAM E RAÚL CÓNTANNOS AS HISTORIAS QUE FIXERON NA SEMANA DO LIBRO📕📗📘📙.  


ESCOITÁDEOS CON MOITA ATENCIÓN!!👂👂





POUCO A POUCO IREMOS SUBINDO AO BLOG TODOS OS CONTOS RECIBIDOS, SE NON ENVIASTES A VOSA GRAVACIÓN E VOS APETECE, AÍNDA ESTADES A TEMPO!! ANIMÁDEVOS!!!📹📹📹📹📹

PODES FACER UNHA TORRE MÁIS ALTA CA TI?

TEMOS UN RETO PARA VÓS!

SEREDES CAPACES DE CONSTRUÍR UNHA TORRE MÁIS ALTA CA VÓS?

PODEDES UTILIZAR COUSAS QUE ATOPADES POLA CASA, PERO SEN TRAMPAS, NON PODE ESTAR PEGADA Á PAREDE EH! A VER COMO LOGRADES O EQUILIBRIO

A NOSA QUEDOU ASÍ:




TEN 20 OBXECTOS

AGORA PODEMOS DEBUXAR A TORRE, COLOREALA, CONTAR OS OBXECTOS E ESCRIBIR O NÚMERO, E OS MAIS MAIORES ATA ESCRIBIR OS NOMES DAS COUSAS COAS QUE A FIXESTES.


 


ESTAMOS DESEXANDO VER ESAS TORRES!

Parabéns Martina!

Hoxe cumpre anos🎂 a nosa compañeira Martina!!

🎉🎈🎊👏👏👏👏👏👏👏👏👏🎈🎉🎊

Enviámosche unha forte aperta e un bico enorme 😘


Que teñas un bonito día!!🎂




Preme no vídeo!!🎵🎵🎶🎶




luns, 27 de abril de 2020

RELIXIÓN

XA PODEDEDES VISITAR A ASIGNATURA DE RELIXIÓN!

TEDES NOVOS CONTIDOS PARA ESTA SEMANA!!📝

ENGLISH

Xa tedes novos contidos de Inglés!

This  week, Physical Education with Pica Pica, clothes 👚 and colours🎨

Mirade a súa sección!!👀

BOS DÍAS SOL!!!!

COMEZA UNHA NOVA SEMANA, E IMOS COMEZALA ESTIRÁNDONOS E TRABALLANDO A NOSA FLEXIBILIDADE. COMO?

POIS SAUDANDO AO SOL.

BUSCA UN SITIO AMPLO. RESPIRA PROFUNDO TRES VECES E... ALÁ IMOS!!

PREME NO VÍDEO




LISTA DA COMPRA

Hoxe tócavos axudar na casa coa LISTA DA COMPRA.


Podedes facela con debuxos🎨, recortes de folletos, escribindo📝...




NON VOS ESQUEZADES DE NADA!!

domingo, 26 de abril de 2020

Parabéns Mateo!

Hoxe cumpre 4 anos🎂 o nos compañeiro      Mateo Abal!!

🎉🎈🎊👏👏👏👏👏👏👏👏👏🎈🎉🎊

Enviámosche unha forte aperta e un bico enorme 😘

Que teñas un bonito día!!🎂

Preme no vídeo!! 🎵🎵🎶🎶




 

venres, 24 de abril de 2020

PORTADA

Todo conto 📖 necesita unha PORTADA .
 Por iso hoxe, para rematar, imos facer a portada do noso conto 📖.
Recordade todo o que ten que ir nunha portada.



Agora tócavos a vós, só tendes que seguir os pasos:

1º. Temos que pensar 💭💭 cal vai ser oTÍTULO .
2º.Collemos un folio ou unha cartolina e mans👊 a obra.
Non esquezades poñer o AUTOR/A e unha ILUSTRACIÓN que teña que ver co/ca protagonista.
3ª Por último, xuntamos todas as páxinas que fixemos, ordenámolas, grapámolas ou pegámolas por un borde e

XA TEMOS O NOSO CONTO 📖LISTO!!! 
👋👋👋👋👋👋

AGORA, QUEN SE ANIMA A CONTALO?? 🎤
📹📹📹📹📹📹


 


A PESCAR


HOXE ÍMONOS DE PESCA, PERO NON NECESITAMOS CANA! ATREVÉDESVOS?

PARA ESTA PARTICULAR PESCA UTILIZAREMOS:


CANDO TEÑAS TODO PREPARADO SÓ TES QUE EMPEZAR A PESCAR COMO NA FOTO:


CON ESTA ACTIVIDADE DESENVOLVEREMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA, A COORDINACIÓN, A ATENCIÓN, ENTRE OUTRAS HABILIDADES, ADEMAIS DE PASAR UN INTRE DIVERTIDO EN FAMILIA.


ANIMÁDEVOS A ENSINARNOS O VOSO DÍA DE PESCA!



BO FIN DE SEMANA A TODOS/AS 👋👋👋

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

HOXE É O DÍA INTENACIONAL DO LIBRO!!!


LER ÁBRENOS XANELAS AO EXTERIOR E NESTES DÍAS DENDE DENTRO DAS NOSAS CASAS AXÚDANOS A VIAXAR A MUNDOS LONXANOS, PAISAXES MARABILLOSAS,  COÑECER PERSONAXES FANTÁSTICAS E VIVIR MILES DE AVENTURAS.



POR ISO HOXE A NOSA PROPOSTA É QUE LEADES:
QUE LEADES CONTOS E QUE VOLOS LEAN,
QUE LEADES REVISTAS,
QUE LEADES O XORNAL,
QUE LEADES MOITO MOITO MOITO.

E CANDO ESTEADES LENDO, QUITADE UNHA FOTO NO LUGAR DA VOSA CASA PREFERIDO PARA LER.


CON TODAS AS FOTOS QUE NOS MANDEDES FAREMOS UN BONITO VÍDEO ONDE VOS POIDAN VER OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS E BOTARNOS UN POQUIÑO MENOS EN FALTA.






TODOS OS DÍAS...

Veña ánimo que xa case rematamos o noso conto 📖.
Hoxe tócanos a 4ª páxina e para facela temos que pensar 💭💭 que lle gustará facer o/a protagonista da nosa historia todos os días. Cando o teñamos decidido, xa sabedes mans 👊 a obra. 

Recordade que o importante e deixar voar a vosa imaxinación e non esquezades que estamos desexando ver 👀 eses contos 📖📖.

Today is April 23rd:


Book' s  Day📕📗📘📙


Listen 👂 to the  story and draw 📝the animals 

   🐄🐇🐸🐳🐓🐕🐙🐘🐗🐖🐠


mércores, 22 de abril de 2020

CANTO TRABALLADES!!

OLAAAA NENOS/AS!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO RESUMO DE TODO O QUE ESTADES TRABALLANDO DENDE AS VOSAS CASAS!!🏠🏡

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!👍



TAMÉN VIVÍA...

Xa estamos a mércores, no medio da semana, e hoxe tócanos a
3ª páxina do noso conto📖

Antes de empezar, imos pechar os ollos e pensar 💭💭 quen vai acompañar  o/a protagonista da nosa historia na súa aventura.
Xa o pensastes ben?Pois veña mans a obra💪


E recordade amosarnos onde viven os vosos/as protagonistas.
📷📷📷📷📷📷📷

A SOPLAR!!

Tamén vos propoñemos unha actividade lúdica e moi divertida para traballar cos vosos nenos/as o SOPLO, unha parte moi importante que se traballa na aula de Audición e Linguaxe.

Con esta actividade traballaremos:

Aprender ou mellorar a respiración para a fala
- Aprender a manexar e controlar o aire ao falar
- Mellorar e controlar a voz
- Mellorar ou entrenar o sistema muscular que participa no  acto de falar
- Mellorar as articulacións e a pronunciación
- Afianzar fonemas ou volver educalos


CONTRÚE A TÚA MÁQUINA DE ESPUMA E ENVÍANOS A FOTO 📷 DO TEU "VERME🐛 OU VERME DE CORES"

Preme no vídeo 📼

                      



martes, 21 de abril de 2020

CONTIDOS PSICOMOTRICIDADE!!

Xa tedes contidos na asignatura de Psicomotricidade!! O profe Saúl déixavos xogos para facer na casa, unha coreografía e un reto.

A mover o esqueleto!!👯🏃

A CASA DA MOSCA CHOSCA.

Hoxe imos empezar o día escoitando o conto de "A CASA DA MOSCA CHOSCA" un conto popular ruso adaptado por Eva Mejuto e ilustrado por Segio Mora.
 Desexamos que vos guste. 

QUE VIVÍA...


Hoxe tócanos facer a páxina do noso conto.
Para iso, primeiro temos que pensar onde pode vivir o/a  protagonista da historia que empezamos a facer onte.
Se xa o pensaste só vos falta deixar voar a vosa imaxinación e poñervos mans a obra...




e non esquezades que nos gustaría moito ver onde viven eses protagonistas.

  



FACEMOS SERIES!


HOXE CON OBXECTOS COTIÁNS FACEMOS FILAS COMO AS QUE VEDES NAS IMAXES, REPETINDO UNHA E OUTRA VEZ UNHA PAUTA.



COMEZADE NO NIVEL 1 (DOUS ELEMENTOS) E IDE AUMENTANDO A DIFICULTADE CONFORME O VAIADES DOMINANDO. 
(NIVEL 2: ABB/AAB E NIVEL 3: TRES ELEMENTOS).


LOGO PODEDES DEBUXAR A VOSA SERIE, COMO NA IMAXE: 

PODEDES INVENTAR SERIES NOVAS CON TODOS OS OBXECTOS QUE ATOPEDES. 

ADIANTE!💪


luns, 20 de abril de 2020

CONTIDOS INGLÉS E RELIXIÓN

Xa tedes contidos novos nas asignaturas de Inglés e Relixión!! A profe Begoña déixavos uns videos sobre OS ANIMAIS e a profe Ángela (para o alumnado matriculado nesta asignatura) fálanos sobre a BIBLIA, escoitádea con atención👂!! 
Tedes toda a semana para visitalos!!

BOS DÍAS!!!

Hoxe imos empezar a semana con unha canción que empregamos case sempre para saudarnos e fai moitos días que non cantamos xuntos.

Así que veña!!!
Mans arriba 🙌 todo o mundo e a cantar🎤

🎵🎶💃💃💃💃💃🎵🎶

FACEMOS CONTOS

O próximo 23 de abril celébrase "O día do Libro", por este motivo as actividades desta semana xirarán arredor dunha das manifestacións literarias mais importantes na vida dun neno/a
 O CONTO 📖
Hoxe imos empezar a facer o noso propio conto📝. E día a día, durante esta semana, iremos facendo todas as páxinas da nosa historia seguindo as instrucións.
Estades preparados??
Pois alá imos.
1º. O primeiro paso é pensar 💭 quen vai ser o voso/a protagonista e cal vai ser o seu nome.
2º. Agora toca decidir como o /a imos facer. Podedes empregar os materiais que queirades (debuxos,teas, botóns, papeis, pegatinas...).

Os maiores, ademais de debuxar, escribide a vosa historia que estamos desexando coñecer os/as vosas protagonistas e non esquezades que...


CANDO ESTEAS ABURRIDO
E NON SAIBAS QUE FACER
COLLE UN LIBRO  MEU AMIGO
E TODO PODO SUCEDER. 
 

venres, 17 de abril de 2020

Parabéns Alba!!

Hoxe cumpre 6 anos🎂 a nosa compañeira Alba!!

🎉🎈🎊👏👏👏👏👏👏👏👏👏🎈🎉🎊

Enviámosche unha forte aperta e un bico enorme 😘

Que teñas un bonito día!!🎂


                    PREME NO VÍDEO! 🎶🎵🎶





Parabéns!!😘🎉🎉

ESCRIBIMOS

HOXE IMOS ESCRIBIR ... PERO PARA ISO PRIMEIRO TEMOS QUE CREAR UN BANDEXA TIPO MONTESSORI.

 NECESITAMOS:

• Unha tapa de caixa de zapatos, o unha bandexa de madeira.
• Azúcre,fariña, pan relado, sal fina, area, etc.
• Tarxetas de letras, números, liñas...ou pizarra, etc.

E AGORA A FACER OS TRAZOS, FIGURAS XEOMÉTRICAS, LETRAS, NÚMEROS... QUE NOS DIGA A FAMILIA.

 E O MÁIS DIVERTIDO E QUE 
 PODEMOS BORRALO AXITANDO A BANDEXA….PERO COIDADO QUE NON CAIA NADA FÓRA!!



































Preme no vídeo!!📼


👋👋Bo fin de semana a todos e todas!!! 👋👋







xoves, 16 de abril de 2020

Conto: O monstro de cores

Despois de que xa vistes o que lle pasa ao monstro de cores estes días por culpa do coronavirus deixámosvos o conto de Anna Llenas e algunhas actividades.




Aquí tedes una imaxe que contén pequenos anacos de elementos que aparecen na historia. Saberías decirnos que son?





Para os máis maiores tedes as mesmas imaxes para escribir o seu nome ao lado. Podedes facelo imprimindo ou facelo vós mesmas/os nun folio onde poñades o número da imaxe que identificastes e logo esribades o resultado. 








Tamén podedes debuxar como vos estades a sentir estes días: en calma? enfadados por non poder saír? alegres por estar nas casas coas vosas familias? con medo ao virus?

Familias, lembrade que todas estas emocións son normais nestes días e que como adultos debemos validar e acompañar ás nenas e nenos en cada unha delas, ofrecendolle momentos de conversa sobre as mesmas.

mércores, 15 de abril de 2020

FELIZ ANIVERSARIO!!

Hoxe queremos felicitar a todos os nenos/as que estiveron de aniversario estes días de confinamento!!


RAYCO, JULIA, ADRIÁN PADÍN, GABI, FABIOLA, DYLAN, PAULA, LEYRE, MAYS e en especial a ADAM e ELENA que hoxe están de aniversario. 

🎈🎉🎊🎂MOITOS PARABÉNS A TODOS!!!🎂🎉🎈🎊

                

PREME NO VÍDEO!!