mércores, 15 de abril de 2020
martes, 14 de abril de 2020
Contidos de Inglés e Relixión
Xa tedes contidos novos nas asignaturas de Inglés e Relixión!! A profe Begoña déixavos uns videos sobre as cores e a profe Ángela (para o alumnado matriculado nesta asignatura) fálanos sobre a Arca de Noé!!
Tedes toda a semana para visitalos!!
"O TEMPO PASA"
HOXE COMEZA UN NOVO TRIMESTRE E A CONTA ATRÁS PARA VERNOS DE NOVO…. POR ISO, IMOS NECESITAR UNHA FOLLA DE CALENDARIO PARA IR MARCANDO OS DÍAS QUE FALTAN…
TAMÉN PODEDES FACER A VOSA PROPIA FOLLA ATENDENDO ÓS SEGUINTES PASOS:
- ESCRIBIMOS O NOME DESTE MES, ABRIL, ARRIBA NA FOLLA E DESPOIS. MARCAMOS 1 LIÑA HORIZONTAL POR DEBAIXO.
- AGORA HAI QUE DIVIDIR O ESPAZO QUE QUEDA EN 7 PARTES TRAZANDO LIÑAS VERTICAIS.
- DESPOIS TRAZAMOS LIÑAS HORIZONTAIS PARA FACER OS CADRADOS.
- ESCRIBIMOS OS DÍAS DA SEMANA NA PRIMEIRA FILA.
- POR ÚLTIMO,POÑÉMOSLLE OS NÚMEROS (PODEDES AXUDARVOS DUN CALENDARIO QUE TEÑADAS NA CASA) E DECORÁMOLO.
XENIAL!!!....XA TEMOS O NOSO CALENDARIO PREPARADO PARA MARCAR O PASO DO TEMPO...E NON ESQUEZADES MIRAR POLA VENTÁ PARA ANOTAR O TEMPO QUE FAI.
🌞⛈☔⛅
🎵🎶TAMÉN PODEMOS POÑER A CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA DE “MAMÁ CABRA”🎵🎶
O Monstro de Cores e o CORONAVIRUS!!
ESCOITA E MIRA CON ATENCIÓN!!👂👀
Agora toca traballar!! Descarga (preme na frecha ⬇ na parte superior) e imprime ou fai ti mesmo o debuxo nun folio e decórao ao teu gusto, podes utilizar todo tipo de técnicas (témpera, ceras, papeis, algodón, rotuladores...) e pégaa na túa ventá, deste xeito os teus compañeiros/as poderán ver o teu traballo e así sentirémonos máis acompañados!!💪
🌈Cando remates podes subir a túa creación !!🌈
🌈Cando remates podes subir a túa creación !!🌈
luns, 13 de abril de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
