mércores, 15 de abril de 2020

O MONSTRO DE CORES E O CORONAVIRUS

Hoxe seguimos traballando co Monstro de Cores e o Coronavirus!

Qué vos gustaría facer cando poidamos saír a ver o Arco da Vella?💭

Ahí vos deixamos una ficha para que o debuxedes e se algún se anima, pódeo escribir tamén!!💪📝



Agora chegou a hora de contar!! Volvede a ver o conto, pero prestando moita atención👀. 
Teredes que buscar e contar os obxectos que se piden!! 

A traballar!! 

martes, 14 de abril de 2020

Contidos de Inglés e Relixión

Xa tedes contidos novos nas asignaturas de Inglés e Relixión!! A profe Begoña déixavos uns videos sobre as cores e a profe Ángela (para o alumnado matriculado nesta asignatura) fálanos sobre a Arca de Noé!! 
Tedes toda a semana para visitalos!!

"O TEMPO PASA"

HOXE COMEZA UN NOVO TRIMESTRE E A CONTA ATRÁS PARA VERNOS DE NOVO…. POR ISO, IMOS NECESITAR UNHA FOLLA DE CALENDARIO PARA IR MARCANDO OS DÍAS  QUE FALTAN…



   

TAMÉN PODEDES FACER A VOSA PROPIA FOLLA ATENDENDO ÓS SEGUINTES PASOS:

  1. ESCRIBIMOS O NOME DESTE MES, ABRIL, ARRIBA NA FOLLA E DESPOIS. MARCAMOS 1 LIÑA HORIZONTAL POR DEBAIXO.
  2. AGORA HAI  QUE DIVIDIR O ESPAZO QUE QUEDA EN 7 PARTES TRAZANDO LIÑAS VERTICAIS.
  3.  DESPOIS TRAZAMOS LIÑAS HORIZONTAIS PARA FACER OS CADRADOS.
  4. ESCRIBIMOS OS DÍAS DA SEMANA NA PRIMEIRA FILA.
  5. POR ÚLTIMO,POÑÉMOSLLE OS NÚMEROS (PODEDES AXUDARVOS DUN CALENDARIO QUE TEÑADAS NA CASA) E DECORÁMOLO.



XENIAL!!!....XA TEMOS O NOSO CALENDARIO PREPARADO PARA MARCAR O PASO DO TEMPO...E NON ESQUEZADES MIRAR POLA VENTÁ PARA ANOTAR O TEMPO QUE FAI.
🌞⛈☔⛅


🎵🎶TAMÉN PODEMOS POÑER A CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA DE “MAMÁ CABRA”🎵🎶

O Monstro de Cores e o CORONAVIRUS!!

ESCOITA E MIRA CON ATENCIÓN!!👂👀



Agora toca traballar!! Descarga (preme na frecha ⬇ na parte superior) e imprime ou fai ti mesmo o debuxo nun folio e decórao ao teu gusto, podes utilizar todo tipo de técnicas (témpera, ceras, papeis, algodón, rotuladores...) e pégaa na túa ventá, deste xeito os teus compañeiros/as poderán ver o teu traballo e así sentirémonos máis acompañados!!💪
🌈Cando remates podes subir a túa creación !!🌈


luns, 13 de abril de 2020