xoves, 16 de abril de 2020

Conto: O monstro de cores

Despois de que xa vistes o que lle pasa ao monstro de cores estes días por culpa do coronavirus deixámosvos o conto de Anna Llenas e algunhas actividades.




Aquí tedes una imaxe que contén pequenos anacos de elementos que aparecen na historia. Saberías decirnos que son?





Para os máis maiores tedes as mesmas imaxes para escribir o seu nome ao lado. Podedes facelo imprimindo ou facelo vós mesmas/os nun folio onde poñades o número da imaxe que identificastes e logo esribades o resultado. 








Tamén podedes debuxar como vos estades a sentir estes días: en calma? enfadados por non poder saír? alegres por estar nas casas coas vosas familias? con medo ao virus?

Familias, lembrade que todas estas emocións son normais nestes días e que como adultos debemos validar e acompañar ás nenas e nenos en cada unha delas, ofrecendolle momentos de conversa sobre as mesmas.

Ningún comentario: