mércores, 22 de abril de 2020

A SOPLAR!!

Tamén vos propoñemos unha actividade lúdica e moi divertida para traballar cos vosos nenos/as o SOPLO, unha parte moi importante que se traballa na aula de Audición e Linguaxe.

Con esta actividade traballaremos:

- Aprender ou mellorar a respiración para a fala
- Aprender a manexar e controlar o aire ao falar
- Mellorar e controlar a voz
- Mellorar ou entrenar o sistema muscular que participa no  acto de falar
- Mellorar as articulacións e a pronunciación
- Afianzar fonemas ou volver educalos


CONTRÚE A TÚA MÁQUINA DE ESPUMA E ENVÍANOS A FOTO 📷 DO TEU "VERME🐛 OU VERME DE CORES"

Preme no vídeo 📼

                      



martes, 21 de abril de 2020

CONTIDOS PSICOMOTRICIDADE!!

Xa tedes contidos na asignatura de Psicomotricidade!! O profe Saúl déixavos xogos para facer na casa, unha coreografía e un reto.

A mover o esqueleto!!👯🏃

A CASA DA MOSCA CHOSCA.

Hoxe imos empezar o día escoitando o conto de "A CASA DA MOSCA CHOSCA" un conto popular ruso adaptado por Eva Mejuto e ilustrado por Segio Mora.
 Desexamos que vos guste. 

QUE VIVÍA...


Hoxe tócanos facer a 2ª páxina do noso conto.
Para iso, primeiro temos que pensar onde pode vivir o/a  protagonista da historia que empezamos a facer onte.
Se xa o pensaste só vos falta deixar voar a vosa imaxinación e poñervos mans a obra...




e non esquezades que nos gustaría moito ver onde viven eses protagonistas.

  



FACEMOS SERIES!


HOXE CON OBXECTOS COTIÁNS FACEMOS FILAS COMO AS QUE VEDES NAS IMAXES, REPETINDO UNHA E OUTRA VEZ UNHA PAUTA.



COMEZADE NO NIVEL 1 (DOUS ELEMENTOS) E IDE AUMENTANDO A DIFICULTADE CONFORME O VAIADES DOMINANDO. 
(NIVEL 2: ABB/AAB E NIVEL 3: TRES ELEMENTOS).


LOGO PODEDES DEBUXAR A VOSA SERIE, COMO NA IMAXE: 

PODEDES INVENTAR SERIES NOVAS CON TODOS OS OBXECTOS QUE ATOPEDES. 

ADIANTE!💪


luns, 20 de abril de 2020

CONTIDOS INGLÉS E RELIXIÓN

Xa tedes contidos novos nas asignaturas de Inglés e Relixión!! A profe Begoña déixavos uns videos sobre OS ANIMAIS e a profe Ángela (para o alumnado matriculado nesta asignatura) fálanos sobre a BIBLIA, escoitádea con atención👂!! 
Tedes toda a semana para visitalos!!

BOS DÍAS!!!

Hoxe imos empezar a semana con unha canción que empregamos case sempre para saudarnos e fai moitos días que non cantamos xuntos.

Así que veña!!!
Mans arriba 🙌 todo o mundo e a cantar🎤

🎵🎶💃💃💃💃💃🎵🎶

FACEMOS CONTOS

O próximo 23 de abril celébrase "O día do Libro", por este motivo as actividades desta semana xirarán arredor dunha das manifestacións literarias mais importantes na vida dun neno/a
 O CONTO 📖
Hoxe imos empezar a facer o noso propio conto📝. E día a día, durante esta semana, iremos facendo todas as páxinas da nosa historia seguindo as instrucións.
Estades preparados??
Pois alá imos.
1º. O primeiro paso é pensar 💭 quen vai ser o voso/a protagonista e cal vai ser o seu nome.
2º. Agora toca decidir como o /a imos facer. Podedes empregar os materiais que queirades (debuxos,teas, botóns, papeis, pegatinas...).

Os maiores, ademais de debuxar, escribide a vosa historia que estamos desexando coñecer os/as vosas protagonistas e non esquezades que...


CANDO ESTEAS ABURRIDO
E NON SAIBAS QUE FACER
COLLE UN LIBRO  MEU AMIGO
E TODO PODO SUCEDER. 
 

venres, 17 de abril de 2020

Parabéns Alba!!

Hoxe cumpre 6 anos🎂 a nosa compañeira Alba!!

🎉🎈🎊👏👏👏👏👏👏👏👏👏🎈🎉🎊

Enviámosche unha forte aperta e un bico enorme 😘

Que teñas un bonito día!!🎂


                    PREME NO VÍDEO! 🎶🎵🎶





Parabéns!!😘🎉🎉

ESCRIBIMOS

HOXE IMOS ESCRIBIR ... PERO PARA ISO PRIMEIRO TEMOS QUE CREAR UN BANDEXA TIPO MONTESSORI.

 NECESITAMOS:

• Unha tapa de caixa de zapatos, o unha bandexa de madeira.
• Azúcre,fariña, pan relado, sal fina, area, etc.
• Tarxetas de letras, números, liñas...ou pizarra, etc.

E AGORA A FACER OS TRAZOS, FIGURAS XEOMÉTRICAS, LETRAS, NÚMEROS... QUE NOS DIGA A FAMILIA.

 E O MÁIS DIVERTIDO E QUE 
 PODEMOS BORRALO AXITANDO A BANDEXA….PERO COIDADO QUE NON CAIA NADA FÓRA!!



































Preme no vídeo!!📼


👋👋Bo fin de semana a todos e todas!!! 👋👋







xoves, 16 de abril de 2020

Conto: O monstro de cores

Despois de que xa vistes o que lle pasa ao monstro de cores estes días por culpa do coronavirus deixámosvos o conto de Anna Llenas e algunhas actividades.




Aquí tedes una imaxe que contén pequenos anacos de elementos que aparecen na historia. Saberías decirnos que son?





Para os máis maiores tedes as mesmas imaxes para escribir o seu nome ao lado. Podedes facelo imprimindo ou facelo vós mesmas/os nun folio onde poñades o número da imaxe que identificastes e logo esribades o resultado. 








Tamén podedes debuxar como vos estades a sentir estes días: en calma? enfadados por non poder saír? alegres por estar nas casas coas vosas familias? con medo ao virus?

Familias, lembrade que todas estas emocións son normais nestes días e que como adultos debemos validar e acompañar ás nenas e nenos en cada unha delas, ofrecendolle momentos de conversa sobre as mesmas.

mércores, 15 de abril de 2020

FELIZ ANIVERSARIO!!

Hoxe queremos felicitar a todos os nenos/as que estiveron de aniversario estes días de confinamento!!


RAYCO, JULIA, ADRIÁN PADÍN, GABI, FABIOLA, DYLAN, PAULA, LEYRE, MAYS e en especial a ADAM e ELENA que hoxe están de aniversario. 

🎈🎉🎊🎂MOITOS PARABÉNS A TODOS!!!🎂🎉🎈🎊

                

PREME NO VÍDEO!!