xoves, 7 de maio de 2020

GRAFISMO CREATIVO

OLAAAA A TODOS/AS!!👋👋👋

HOXE TOCA TALLER DE GRAFISMOS!!!🖌🎨

👀 MIRADE 👀


Agora que xa sabedes en que consiste, pensade 💭 nos GRAFISMOS que coñecedes (liñas verticais, horizontais, bucles, círculos, triángulos, ondas...) ou que se vos ocurran e DECORADE A VOSA BOLBORETA!!


Podédela imprimir ou debuxar a vosa propia



Esperamos as vosas creacións!!🎨🎨



EXPERIMENTO MÁXICO

IMOS  FACER UN EXPERIMENTO QUE PARECE MAXIA, TRÁTASE DUNHA ACTIVIDADE MOI SINXELA, SÓ TEDES QUE SEGUIR OS PASOS DO SEGUINTE VÍDEO:

PODEDES FACER O DEBUXO VÓS MESMOS, OU IMPRIMIR ALGÚN E PINTALO.
📷📷COMPARTIDE CONNOSCO OS VOSOS EXPERIMENTOS📷📷
TEMOS MOITAS GANAS DE VELOS!😊

POR CERTO PARECE QUE O NOSO PAXARO MIRA POR OUTRO LADO POR ARTE DE MAXIA, PERO EN REALIDADE ISTO OCURRE GRACIAS A REFRACCIÓN. 😉

CUARTA EDICIÓN DOS CONTACONTOS📚

Aquí tedes unha nova edición de contacontos!!

Hoxe é o turno de ELENA, OLIVER e FABIOLA


📹📹📹📹📹📹📹📹📹📹




        continuará...




mércores, 6 de maio de 2020

SEGUIMOS TELETRABALLANDO! 💻

OLAAAAAA NENOS/AS!! 
Aquí tedes algúns traballos do mes de abril!!  

👀 MIRADE QUE CHULOS!! 💙💚💛💜


BO TRABALLO! 👏👏👏👏👏

ABECEDARIO.

IMOS EMPEZAR O DÍA CANTANDO E BAILANDO CO ABECEDARIO DE MAGÍN BLANCO.


Xogamos coas letras

Logo de escoitar esta canción do abecedario propoñémosvos un xogo con letras que teredes que preparar vós mesm@s.

Para iso precisamos un cartón finiño que teñades dalgún envase, un rotulador, tesoiras, unha regra e un lápiz.


En primeiro lugar temos que recortar a caixa.
Imos facer tiras coa regra e logo cadradiños, elexide vós o tamaño que máis vos guste. 


 Unha vez que temos as nosas tarxetiñas imos escribirlle letras, deixade varias en branco porque igual necesitades ampliar para o xogo.



A partir de aquí veñen dúas opcións distintas dependendo do momento no que esteamos achegándonos á lectoescritura.

OPCIÓN 1: Para os máis peques

O adulto daralle ao neno ou nena seleccionadas as letras do seu nome. O cativo ou cativa lanza as tarxetas ao aire, e logo ordena as letras compoñendo o nome propio. Podemos usar tamén nomes de outros membros da familia, ou compañeiros e compañeiras da escola.





OPCIÓN 2: para os máis maiores.
O neno ou nena elixe un obxecto da casa, e o adulto dalle as letras xustas que conforman esa palabra.


O neno ou nena lanza ao aire as letras e logo compón a palabra. Podemos axudarlle marcando o son da letra que lle toca como reforzo, pero sempre é mellor esperar e darlle oportunidade de que o vaia dicindo él mesmo.





ESPERAMOS AS FOTOS DAS VOSAS PALABRAS!!! ⌛⌛⌛

martes, 5 de maio de 2020

INGLÉS E RELIXIÓN

XA TEDES NOVOS CONTIDOS NAS ASIGANATURAS DE INGLÉS E RELIXIÓN!

This week: dance 💃with Pollito Chicken🐥 and have fun with Surprise Eggs🥚 and The Gingerbread Man story.

En relixión esta semana traballaredes: "As parábolas".

AHÍ VEN O MAIO.



MAIS DUNHA DUCIA DE ARTISTAS GALEGOS PARTICIPAN BAIXO O CONSELLO DA CULTURA GALEGA (CCG) NA INTERPRETACIÓN DUNHA NOVA VERSIÓN MUSICADA DO POEMA DE CURROS ENRÍQUEZ.



E O PROFE PABLO TAMÉN NOS DEIXA UNHA CANCIÓN







COMO DICÍA A CANCIÓN  MAIO 🌸🌹🌼🌺XA ESTÁ AQUÍ. POR ISO,
 NECESITAMOS CAMBIAR A PÁXINA DO NOSO  CALENDARIO PARA VER👀 O PASO DO TEMPO⌛.
ASÍ QUE, AQUÍ ESTÁ. 



PERO RECORDADE QUE TAMÉN  A PODEDES  FACER VÓS.
E NON ESQUEZADES IR MARCANDO,TODOS OS DÍAS, EN QUE DÍA ESTAMOS E  O TEMPO QUE FAI...🌞🌂⛅ 🌈
 


XOGAMOS COS NÚMEROS!!

Hoxe toca xogar cos números!!


Trátase dunha actividade moi sinxela, tan só precisamos:

  • Plastilina
  • Cereais ou macarróns
  • Espagueti, pinchos de brocheta ou similar
Eliximos números e trátase de formar grupos de cereais, macarróns... en cada brocheta, atendendo á cantidade proposta.  Podedes ir subindo a dificuldade do xogo propoñendo cantidades máis altas!!

A XOGAR!!

RESULTADO DO EXPERIMENTO DA FLOR DE PAPEL

NOS TAMÉN QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS COMO NOS SAÍU O EXPERIMENTO DA FLOR DE PAPEL! 

✿✿✿MÍRADE CON ATENCIÓN!✿✿✿


A VÓS PASOUVOS O MESMO? AGORA XA SABEDES PORQUE SE ABREN OS PÉTALOS DA NOSA FLOR DE PAPEL NA AUGA.

😄 ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA! 😄

TERCEIRA EDICIÓN DOS CONTACONTOS

NOVA PUBLICACIÓN DOS NOSOS CONTACONTOS

POÑEDE TODA A VOSA ATENCIÓN A ISMA E A MARIO E AS SÚAS HISTORIAS!


sábado, 2 de maio de 2020

PARABÉNS NOA



HOXE É O DÍA DA NOSA COMPAÑEIRA NOA QUE CUMPRE 4 ANOS!!!!

MOITOS PARABÉNS NOA!!! A SOPRAR ESAS VELAS.

DESFRUTA DO TEU DÍA