mércores, 6 de maio de 2020

Xogamos coas letras

Logo de escoitar esta canción do abecedario propoñémosvos un xogo con letras que teredes que preparar vós mesm@s.

Para iso precisamos un cartón finiño que teñades dalgún envase, un rotulador, tesoiras, unha regra e un lápiz.


En primeiro lugar temos que recortar a caixa.
Imos facer tiras coa regra e logo cadradiños, elexide vós o tamaño que máis vos guste. 


 Unha vez que temos as nosas tarxetiñas imos escribirlle letras, deixade varias en branco porque igual necesitades ampliar para o xogo.



A partir de aquí veñen dúas opcións distintas dependendo do momento no que esteamos achegándonos á lectoescritura.

OPCIÓN 1: Para os máis peques

O adulto daralle ao neno ou nena seleccionadas as letras do seu nome. O cativo ou cativa lanza as tarxetas ao aire, e logo ordena as letras compoñendo o nome propio. Podemos usar tamén nomes de outros membros da familia, ou compañeiros e compañeiras da escola.





OPCIÓN 2: para os máis maiores.
O neno ou nena elixe un obxecto da casa, e o adulto dalle as letras xustas que conforman esa palabra.


O neno ou nena lanza ao aire as letras e logo compón a palabra. Podemos axudarlle marcando o son da letra que lle toca como reforzo, pero sempre é mellor esperar e darlle oportunidade de que o vaia dicindo él mesmo.





ESPERAMOS AS FOTOS DAS VOSAS PALABRAS!!! ⌛⌛⌛

Ningún comentario: