venres, 15 de maio de 2020

FELIZ DÍA DA FAMILIA!!

15 DE MAIO DÍA DA FAMILIA



NESTE DÍA DA FAMILIA DEIXÁMOSVOS UNHA BONITA HISTORIA DUNHA FAMILIA DE PINGÜINOS BARBIJO DO ZOO DE CENTRAL PARK.
ESTE CONTO ESCRITO POR JUSTIN RICHARDSON E PETER PARNELL É UN ÉXITO ASEGURADO NAS BIBLIOTECAS DAS NOSAS AULAS.

ESPERAMOS QUE TAMÉN O SEXA NOS VOSOS FOGARES.

PREME PARA VELO



Agora, utilizando a vosa imaxinación e creatividade imos  construir un marco de fotos familar!





Para iso, 1º imos elaborar a foto:



Precisamos:
- Cartolina ou folio
- Botóns de diferentes tamaños, tapóns, ou similar.
- Lápis, rotuladores, ceras e pegamento.


  1. Debuxa no centro da túa cartolina os membros que conforman a túa familia.
  2. Repásaos con rotulador negro.
  3. Colorea o interior dos traxes e accesorios.
  4. Pega, a modo de cabeza, uns botóns (o que teñades) sobre cada un dos teus familiares.  


Agora toca  enmarcalo!! 

Para iso, podedes utilizar: cartón, bandexa de porexpan, depresores de madeira, pinzas da roupa... e decoralo ao voso gusto!!


Esperamos os vosos resultados!📷📸📷📸📷📸


BO FIN DE SEMANA!!


👋👋👋👋👋👋👋👋






Ningún comentario: